Xa sabemos como insertar vídeo no blog desde youtube ou como baixalo ao noso ordenador con videoscop; outras ferramentas na nube que me parecen moi útiles son SnipSnip e Splicd, que nos permiten cortalo directamente a partir da url para aproveitar a parte que nos interesa publicar.
Se queremos un verdadeiro editor de vídeo, do estilo de Windows Movie Maker ou Openshot pero online, podemos probar JayCut
Manual de JayCut
25 abr 2011
Gravar audio online
No obradoiro xa falamos de Audacity, unha aplicación que nos permite gravar e editar voz e sons, e tamén dos podcast, interesantes por exemplo para traballar a expresión oral nas linguas. Pero tamén hai ferramentas online moi doadas de manexar que nos permiten gravar directamente cun micrófono e logo proporciónannos unha url ou un código para incrustar no blog:
Chirbit
Cinch, semellante ao anterior pero permite engadir texto ou imaxes.
Woices, moi curioso porque incrusta audio sobre un mapa e danos a opción de facer rutas acompañadas de sons.
Chirbit
Cinch, semellante ao anterior pero permite engadir texto ou imaxes.
Woices, moi curioso porque incrusta audio sobre un mapa e danos a opción de facer rutas acompañadas de sons.
24 abr 2011
8 abr 2011
Mapas persoalizados con Google
Os mapas de Google non só nos ofrecen a posibilidade de visualizalos senón que podemos facer rutas sobre eles, colocar puntos de interese con información (texto, imaxes ou vídeos), ou marcar determinadas zonas que queiramos destacar. Paréceme un recurso interesante para as clases e por iso fixen unha proba co roteiro de A esmorga; usando a información do Concello de Ourense que me mandou Marina, en pouco máis de media hora saíu este mapa no que imos a traballar as dúas a partir de agora:
Ver A esmorga en un mapa más grande
Para ver máis:
Viaxe de Darwin
II Guerra Mundial
Callejero literario monfortino (nov.2011)
Arte público en Valdespartera
Un titorial moi sinxelo:
Mapas personalizados
Ver A esmorga en un mapa más grande
Para ver máis:
Viaxe de Darwin
II Guerra Mundial
Callejero literario monfortino (nov.2011)
Arte público en Valdespartera
Un titorial moi sinxelo:
Mapas personalizados
Suscribirse a:
Entradas (Atom)