Estes servizos ofrécennos un espazo de almacenamento para os nosos arquivos que ten moitas vantaxes:
- Podemos usalo para gardar copias de seguridade.
- Temos acceso aos nosos arquivos desde calquera ordenador conectado a internet, evita o ter que levar sempre unha memoria usb.
- Permite compartir o que teñamos gardado con outra xente, así non temos que mandar por email arquivos grandes, basta con mandar un enlace (ou poñelo nunha web ou nun blog).
Seguro que cando os probedes lle atopades outras posibilidades.
Os que eu utilizo son:
ofrece 2GB de almacenamento gratuíto. Hai que instalar unha aplicación que crea unha carpeta no ordenador onde simplemente arrastras os ficheiros que queres subir. É moi útil cando tes mais dun ordenador porque non importa desde cal subas os arquivos, él sincronízase automaticamente.
ofrece 5GB gratuítos e non hai que instalar nada no ordenador.Permite crear documentos online de xeito parecido a GDocs. Podemos ter carpetas nas que colaboren distintas persoas.