Mostrando entradas con la etiqueta openoffice. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta openoffice. Mostrar todas las entradas

11 mar 2011

Publicar presentacións

Algunhas veces nós ou os nosos alumnos facemos presentacións con PowerPoint ou con Impress e interésanos publicalas para que se reproduzan nun blog, wiki ou páxina web. Xa coñecemos servicios como Slideshare, MyPlick ou GoogleDocs que permiten subirlas e xeneran un código para insertar ou nos dan unha dirección para facer o enlace. Cada un admite un tamaño determinado e non gardan transicións, animacións nin sons (aínda que algúns sitios permiten engadir audio desde o ordenador ou desde a web). Si os rapaces non teñen conta de correo para rexistrarse, MyPlick pode ser unha boa opción porque non se necesita. No seguinte artigo J.C. Cruz fai un resumen dos mellores sitios:

Publicar presentacións en internet 

Si algún non admite as odp de Impress recordade que este programa permite gardar como ppt ou pps de PowerPoint.

Outra opción moi interesante é converter a presentación nun vídeo:
  • Impress permite exportar directamente a swf (flash) pero non garda transicións nin sons. Aínda así pode ser interesante xa que ocupa moito menos que o arquivo orixinal e pode subirse en menos tempo a GDocs.
  • PowerPoint 2010 permite exportar directamente a wmv que é un formato de Windows, así poderíamos subilo a GDocs e facer o enlace ou publicalo no blog directamente. A veces é conveniente pasalo antes a outro formato máis lixeiro como flv e para iso podemos usar un programa como FormatFactory si traballamos en Windows, WinFF de Ubuntu ou un servicio online como Online-Convert, que admite ata 100 Mbyte e non necesita rexistro.
  • Para outras versións de PowerPoint hai conversores gratuítos como PowerPoint Video Converter.
En calquera caso penso que non debemos olvidar que nas aulas Abalar temos que traballar con Impress e non é moi complicado que os propios alumnos suban as presentacións a unha das plataformas xa comentadas, aínda que logo vos manden a url ou o código para insertala no blog de clase (cunha wiki faríano facilmente eles mesmos). Si todos traen da casa os arquivos en wmv posiblemente vós lle teríades que adicar moito tempo á publicación e eles non se farían conscientes do importante que é facer presentacións racionais, sin esaxerar o número de diapositivas, imaxes ou efectos.

    21 dic 2010

    Cursos de OpenOffice

    Estes cursos de OpenOffice 3, feitos por uns profesores da Universidade de Málaga, paréceme que están moi ben e podedes usalos como material de consulta:

    Writer (procesador de textos)

    Impress (presentacións)

    Calc (folla de cálculo)

    17 oct 2010

    Software libre

    Como xa sabedes os portátiles veñen cun sistema operativo libre e as aplicacións que están instaladas tamén son software libre. Xa sei que a maioría usades Windows, Word, PowerPoint e Internet Explorer, pero nestes equipos non se pode. Xa veredes que non é ningunha traxedia, moitos deles tamén funcionan co Windows e, si queredes, podédelos baixar e instalalos na vosa casa para ir probando.
    Tamén sería interesante que crearades unha conta de correo en Gmail que logo poderíades usar para facer o blog, rexistrarvos para usar marcadores sociais ou darlla aos alumnos para intercambiar material.  Sería solamente de uso académico e non ten por que mostrar ningún dato que vos identifique (a miña é ticsblanco@gmail.com)

    OpenOffice en castelán

    OpenOffice en galego

    Mozilla Firefox

    Gmail