Unha wiki con recursos para o ámbito científico de 3º e 4º de diversificación:
Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas
15 oct 2011
30 ago 2011
Audiolibros en varios idiomas
Esta páxina paréceme realmente interesante para axudar no ensino dun idioma. Unha vez que seleccionamos a lingua e o libro co que se quere traballar, podemos acceder ao texto escrito e escoitar a lectura dunha parte ou baixar o arquivo de audio.
Viaxes virtuais educativos
Visitas a museos, monumentos, animacións do corpo humano... A recopilación que se fai na páxina de TotemGuard non ten desperdicio:
18 viajes virtuales
10 viajes virtuales
18 viajes virtuales
10 viajes virtuales
Didactalia: material educativo
A seguinte páxina é unha recopilación de material educativo que pode ser interesante. A busca faise un pouco máis clara si combinades as categorías con etiquetas:
14 ago 2011
Recursos educativos comunitarios
Un sitio interesante para buscar recursos no que participan os ministerios de educación de varios países europeos:
Visto en Consumer
Visto en Consumer
31 jul 2011
10 jun 2011
Symbaloo
Symbaloo é unha ferramenta que nos permite organizar os enlaces de xeito moi visual. Si vos animades a utilizala podedes partir desta:
Symbaloo para lingua galega
Symbaloo para francés
Symbaloo para matemáticas
Symbaloo para lingua galega
Symbaloo para francés
Symbaloo para matemáticas
22 may 2011
Un dicionario diferente
Dirae é un dicionario de castelán que permite facer buscas de palabras a partir da definición, algo parecido a traballar co dicionario como cun buscador de internet. Na súa páxina explican como usalo.
Visto en Aulablog
6 may 2011
27 feb 2011
Recursos do portal extremeño
No portal de recursos de Extremadura hai moitos materiais que poden se útiles para as nosas clases, unha nova páxina onde os podedes ver e incluso descargar para metelos no servidor de centro é a seguinte:
Recórdovos outros sitios de Educarex dos que xa falamos:
Contidos educativos na ESO
Rincones didácticos
![]() |
| buscade a vosa materia na columna da esquerda |
Recórdovos outros sitios de Educarex dos que xa falamos:
Contidos educativos na ESO
Rincones didácticos
26 feb 2011
Dereitos de autor
Cando alguén produce unha obra de calquera tipo, incluídos apuntes, artigos educativos, debuxos ou imaxes, non necesita rexistrala de ningunha maneira para ter a propiedade intelectual sobre ela, e polo tanto unha serie de dereitos, incluído o beneficio económico por copias ou transformacións.
Pode pasar, non obstante, que a algúns autores non lles importe que outras persoas utilicen as súas obras e as modifiquen, pedindo simplemente que os citen ou poñendo algunha condición máis. Para indicar este feito utilízanse as licencias Creative Commons que teñen unhas iconas representativas que podedes ver no seguinte enlace:
Cando buscamos material para as nosas clases en Internet, debemos fixarnos si o ficheiro, o blog ou a páxina web ten algunha destas iconas ou indica que é posible usalo, en caso contrario o correcto sería pedir permiso antes de descargalo ou copialo.
Ao facer unha busca avanzada, Google permítenos filtrar os resultados por licencia e tamén hai sitios que nos proporcionan directamente recursos deste tipo:
Si os alumnos usan contidos de internet para os traballos, sería bo que lle indicaramos onde atopar recursos CC xunto coa necesidade de citar sempre as fontes.
18 feb 2011
Recursos PDI: integraTic
A través do blog de Alberto Armada coñezo esta páxina con recursos interesantes:
integraTic
Moitos van dirixidos a 5º e 6º de primaria pero seguro que algún se pode usar tamén en 1º ESO. Ten enlaces a recursos de audio, imaxes, vídeo e infografías.
integraTic
Moitos van dirixidos a 5º e 6º de primaria pero seguro que algún se pode usar tamén en 1º ESO. Ten enlaces a recursos de audio, imaxes, vídeo e infografías.
7 feb 2011
Libros vivos
A editorial SM ten un conxunto de unidades didácticas interactivas que nos poden ser útiles. No seguinte enlace o autor do blog Algo más que Tecnología fai unha recopilación de moitas delas:
Libros vivos
Libros vivos
2 dic 2010
Contidos dixitais en educarex
Os contidos desta páxina do portal extremeño ofrécennos a posibilidade de descargalos para o ordenador ou o servidor de centro:
30 nov 2010
28 nov 2010
Dicionario visual
O DiccionarioVisual é unha páxina con imaxes de moitos temas que pode resultar útil nas clases. Está en español, inglés e francés.
16 nov 2010
Libros Interactivos Multimedia (LIM)
A ferramenta EDILIM, creada por Fran Macías, permite crear libros interactivos moi interantes. Este curso non creo que traballemos con ela pero podedes ver as posibilidades no enlace seguinte:
Libros interactivos secundaria
Libros interactivos secundaria
15 nov 2010
Issuu
Moitos de nós temos apuntes ou exercicios en pdf. Issuu é unha ferramenta que permite presentalos de xeito "elegante" e insertalos no noso blog ou páxina web. Para os alumnos tamén pode ser interesante, incluso para propoñerlles unha revista dixital.
Máis adiante veremos como traballar con este recurso, de momento déixovos unhas mostras por si alguén quere ir probando:
Caderno de Ciencias Naturais
Tarefas matemáticas
Mostra de traballos de Plástica
Tecnoloxía: mecánica
Traballos de Lengua
Recursos literarios
Traballo de Sociais
Revista escolar
Máis en:
Issuu
Máis adiante veremos como traballar con este recurso, de momento déixovos unhas mostras por si alguén quere ir probando:
Caderno de Ciencias Naturais
Tarefas matemáticas
Mostra de traballos de Plástica
Tecnoloxía: mecánica
Traballos de Lengua
Recursos literarios
Traballo de Sociais
Revista escolar
Máis en:
Issuu
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








