Dos mesmos autores que o curso de OpenOffice é este sobre blogs, moi claro e interesante.
Os blogs en educación
No obradoiro imos a traballar con Blogger e explicareivos as cousas básicas para empezar a usalo. O curso podédelo utilizar como material de consulta, non é para que o vexades todo.
21 dic 2010
Cursos de OpenOffice
Estes cursos de OpenOffice 3, feitos por uns profesores da Universidade de Málaga, paréceme que están moi ben e podedes usalos como material de consulta:
Writer (procesador de textos)
Impress (presentacións)
Calc (folla de cálculo)
Writer (procesador de textos)
Impress (presentacións)
Calc (folla de cálculo)
19 dic 2010
Kit básico para usar as TIC nas aulas
No blog Educa con TIC aparece esta entrada que me parece moi interesante:
Kit básico para utilizar TIC
Kit básico para utilizar TIC
16 dic 2010
Seguridade na rede
O tema da seguridade á hora de navegar tratámolo moitas veces cos alumnos, pero a miúdo non chega con comentalo e pode ser boa idea traballalo desde as titorías ou cando vós vexades que é pertinente. Nos seguintes enlaces aparecen vídeos por idades e un xogo que se pode poñer en primeiro:
Xogo online "Cuida tu imagen"
"De aquí no pasas"
Manual de uso para xóvenes
Animacións 9-11 anos
Vídeos 15-17 anos (utilízanse nas clases de informática e tics)
Xogo online "Cuida tu imagen"
"De aquí no pasas"
Manual de uso para xóvenes
Animacións 9-11 anos
Vídeos 15-17 anos (utilízanse nas clases de informática e tics)
14 dic 2010
Edición de imaxes
Un programa moi útil para a edición de imaxes é Gimp, pero tamén hai aplicacións online que nos poden axudar sin ter que instalar nada no ordenador:
Edición online
befunky
Edición online
befunky
Idiomas
Estes artigos de educ@conTics poden ser interesante para facer actividades nas clases de idiomas:
Ferramentas idiomas I
Ferramentas idiomas II
Ferramentas idiomas I
Ferramentas idiomas II
10 dic 2010
Edmodo
Cal é a idade a que os alumnos poden rexistrarse para facer un blog ou unha conta de correo? Non atopo información clara ao respecto, pode que 13 anos. Nos cursos máis altos non habería problema para usar estas ferramentas como sistema de intercambio de arquivos ou para publicar traballos; no caso dos máis pequenos podedes probar Edmodo. É unha especie de rede social educativa que permite o intercambio de mensaxes, ficheiros e o control das tarefas que se asignan aos alumnos. Eu probeina cos de bacharelato e paréceme que resultaría moi útil nas clases de 1º ESO.
Na wiki hai un titorial en castelán e os profes de Internet en el Aula tamén o explican moi ben.
7 dic 2010
Baixar vídeo de internet
Moitas veces atopamos vídeos ou animacións interesantes para poñer na clase e, si non queremos depender da rede para traballar con eles, podemos baixalos ao noso ordenador ou a un pendrive:
Si vos interesa como cambiar os formatos de vídeo ou audio podedes consultar unha entrada do meu blog dos alumnos: cambio de formatos de vídeo.
- Coa páxina www.bajaryoutube.com . Moi útil para os vídeos de youtube, faise directamente sin instalar nada no ordenador.
- Coa extensión DownloadHelper de Mozilla Firefox. Ao instalala crea un icono no navegador que nos permite baixar vídeos e animacións.
Si vos interesa como cambiar os formatos de vídeo ou audio podedes consultar unha entrada do meu blog dos alumnos: cambio de formatos de vídeo.
2 dic 2010
Contidos dixitais en educarex
Os contidos desta páxina do portal extremeño ofrécennos a posibilidade de descargalos para o ordenador ou o servidor de centro:
30 nov 2010
28 nov 2010
eTwinning
eTwinning é un espazo que se pon a disposición dos profesores para que poidamos levar a cabo traballos colaborativos con outros centros europeos. Calquera materia pode utilizalo pero é particularmente útil para os idiomas:
Portal español
Portal europeo
Curso no ite
Coñecino a través do curso de formación en Platega de Angel Sebastián Junquera
Portal español
Portal europeo
Curso no ite
Coñecino a través do curso de formación en Platega de Angel Sebastián Junquera
Glogster: murales on-line
Glogster é unha ferramenta que permite facer murales nos que é fácil incorporar imaxes, enlaces, textos, vídeos... Non só é útil en Plástica, nos seguintes enlaces veredes o que están facendo noutras materias:
Videotitorial
Exemplo Lengua: Miguel Hernández
Traballo de alumnos: a chegada do home á lúa
Máis de Lengua: variedades dialectais
Videotitorial
Exemplo Lengua: Miguel Hernández
Traballo de alumnos: a chegada do home á lúa
Máis de Lengua: variedades dialectais
Traballar con PDF
Si manexades habitualmente documentos pdf, de creación propia ou baixados de internet, pode interesarvos o seguinte:
- Os documentos de OpenOffice writer ou de Word (abertos co OO), poden exportarse facilmente a pdf.
- I love pdf é unha ferramenta xenial para unir ou separar documentos neste formato
- A extensión de Firefox Web2PDFConverter, permite convertir unha páxina web nun pdf
- A extensión de OpenOffice Sun pdf import, permite abrir e retocar un pouco os pdf.
Dicionario visual
O DiccionarioVisual é unha páxina con imaxes de moitos temas que pode resultar útil nas clases. Está en español, inglés e francés.
23 nov 2010
16 nov 2010
Libros Interactivos Multimedia (LIM)
A ferramenta EDILIM, creada por Fran Macías, permite crear libros interactivos moi interantes. Este curso non creo que traballemos con ela pero podedes ver as posibilidades no enlace seguinte:
Libros interactivos secundaria
Libros interactivos secundaria
15 nov 2010
Issuu
Moitos de nós temos apuntes ou exercicios en pdf. Issuu é unha ferramenta que permite presentalos de xeito "elegante" e insertalos no noso blog ou páxina web. Para os alumnos tamén pode ser interesante, incluso para propoñerlles unha revista dixital.
Máis adiante veremos como traballar con este recurso, de momento déixovos unhas mostras por si alguén quere ir probando:
Caderno de Ciencias Naturais
Tarefas matemáticas
Mostra de traballos de Plástica
Tecnoloxía: mecánica
Traballos de Lengua
Recursos literarios
Traballo de Sociais
Revista escolar
Máis en:
Issuu
Máis adiante veremos como traballar con este recurso, de momento déixovos unhas mostras por si alguén quere ir probando:
Caderno de Ciencias Naturais
Tarefas matemáticas
Mostra de traballos de Plástica
Tecnoloxía: mecánica
Traballos de Lengua
Recursos literarios
Traballo de Sociais
Revista escolar
Máis en:
Issuu
13 nov 2010
Libros en Google
Google ofrécenos unha biblioteca enorme de libros para consultar on line, moitos só permiten visualizar unhas cantas páxinas pero noutros casos está o libro completo. Son un recurso a ter en conta tanto para os alumnos como para nós.
Ca conta de Gmail podedes acceder e crear unha biblioteca propia onde gardar os que vos parezan máis interesantes.
Google Books
Don Quijote
Os vellos non deben de namorarse
Ca conta de Gmail podedes acceder e crear unha biblioteca propia onde gardar os que vos parezan máis interesantes.
Google Books
Don Quijote
Os vellos non deben de namorarse
10 nov 2010
Mozilla Firefox
Unha axuda para lembrar o que traballamos sobre Firefox:
Como instalar Firefox
Páxina de inicio
Traballar con marcadores
Como instalar Firefox
Páxina de inicio
Traballar con marcadores
7 nov 2010
Liñas de tempo con Dipity
Dipity é unha aplicación que permite facer liñas de tempo interactivas. Parece un xeito atractivo de mostrar unha secuencia de feitos ou a evolución dun proxecto no tempo.
Saber máis
Manual
Saber máis
Manual
2 nov 2010
31 oct 2010
Conexións portátil de aula
Para ter claro como se conecta o portátil co encerado dixital e co proxector podedes consultar esta guía:
Conexións
Portátil de aula
Conexións
Portátil de aula
28 oct 2010
26 oct 2010
Recursos do servidor
Xa sabedes que temos un servidor de centro que ten algúns recursos que nos poden interesar para as clases. Só se pode acceder a eles desde o centro e xa podedes consultalo:
Desde as aulas de 1º
Desde outros ordenadores
En Ensinanza escolledes Educación Secundaria e logo visualizades o que vos interese.
Desde as aulas de 1º
Desde outros ordenadores
En Ensinanza escolledes Educación Secundaria e logo visualizades o que vos interese.
22 oct 2010
Sociais: KGeography, Wikimapia
Nos portátiles ven instalado un programa que permite practicar xeografía. Déixovos un manual de uso por si queredes usalo na clase:
Manual KGeography
Non teremos o Google Earth, pero isto tamén pode ser interesante:
Wikimapia
Manual KGeography
Non teremos o Google Earth, pero isto tamén pode ser interesante:
Wikimapia
Matemáticas: Wiris, GeoGebra
Estas aplicacións parécenme moi interesantes no só para os de mates. O GeoGebra ven instalado no portátil de profesor e Descartes tamén nos dos alumnos
Wiris: calculadora on line
Manual de Wiris
Axuda co GeoGebra
Descargar GeoGebra
Descartes
Titorial de Descartes
Wiris: calculadora on line
Manual de Wiris
Axuda co GeoGebra
Descargar GeoGebra
Descartes
Titorial de Descartes
17 oct 2010
Metodoloxía nas aulas 2.0
Da páxina de Pere Marqués saquei esta presentación que nos pode axudar a decidir que tipo de actividades faremos nas clases. É larga pero non ten desperdicio.
Software libre
Como xa sabedes os portátiles veñen cun sistema operativo libre e as aplicacións que están instaladas tamén son software libre. Xa sei que a maioría usades Windows, Word, PowerPoint e Internet Explorer, pero nestes equipos non se pode. Xa veredes que non é ningunha traxedia, moitos deles tamén funcionan co Windows e, si queredes, podédelos baixar e instalalos na vosa casa para ir probando.
Tamén sería interesante que crearades unha conta de correo en Gmail que logo poderíades usar para facer o blog, rexistrarvos para usar marcadores sociais ou darlla aos alumnos para intercambiar material. Sería solamente de uso académico e non ten por que mostrar ningún dato que vos identifique (a miña é ticsblanco@gmail.com)
OpenOffice en castelán
OpenOffice en galego
Mozilla Firefox
Gmail
Tamén sería interesante que crearades unha conta de correo en Gmail que logo poderíades usar para facer o blog, rexistrarvos para usar marcadores sociais ou darlla aos alumnos para intercambiar material. Sería solamente de uso académico e non ten por que mostrar ningún dato que vos identifique (a miña é ticsblanco@gmail.com)
OpenOffice en castelán
OpenOffice en galego
Mozilla Firefox
Gmail
15 oct 2010
O uso dos ordenadores na clase
Esta é unha presentación de Antonio Garrido que resume moi ben a metodoloxía de traballo cos ordenadores
Decálogo uso de las TIC en Educación
View more presentations from Antonio Garrido.
12 oct 2010
Plan vasco de formación
Según nos informaron no Cfr, no País Vasco teñen un pack básico que está moi ben. Cando entredes en cada taller pódese acceder ao contido a través dun índice na parte esquerda da ventá ou avanzando coa flecha da parte superior.
Material de formación
Material de formación
10 oct 2010
Obradoiro Abalar
Durante este curso faremos un obradoiro para poñernos ao día no uso das novas tecnoloxías.
Paréceme que poderíamos usar este blog como un espazo no que ir gardando os titoriais e enlaces que nos poden ser de utilidade.
Xa vos puxen unha mostra do que se pode facer nas clases no apartado de Outros profes.Borrador do proxecto de formación
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

