28 feb 2011

Wiki ultraportátiles Abalar

A profesora Esther Padín fixo unha wiki xenial para axudarnos no manexo dos ultraportátiles. Non só explica o contido de cada menú se non que inclúe titoriais das diferentes aplicacións. Fixádevos nos apartados de Ciencia e Educación por si algunha delas vos resulta útil.

Taller de podcast


As actividades nas que os alumnos fan gravacións da súa voz son moi interesantes, sobre todo para as linguas. Os arquivos sonoros poden, por exemplo, formar parte dunha presentación ou ser utilizados independentemente para subilos á rede e compartilos.
En Internet en el aula crearon un grupo para facer podcast educativos que nos pode ser de axuda:


Fonte: ticblog

27 feb 2011

Recursos do portal extremeño

No portal de recursos de Extremadura hai moitos materiais que poden se útiles para as nosas clases, unha nova páxina onde os podedes ver e incluso descargar para metelos no servidor de centro é a seguinte:

buscade a vosa materia na columna da esquerda

Recórdovos outros sitios de Educarex dos que xa falamos:

Contidos educativos na ESO
Rincones didácticos

26 feb 2011

Dereitos de autor


Cando alguén produce unha obra de calquera tipo, incluídos apuntes, artigos educativos, debuxos ou imaxes, non necesita rexistrala de ningunha maneira para ter a propiedade intelectual sobre ela, e polo tanto unha serie de dereitos, incluído o beneficio económico por copias ou transformacións.
Pode pasar, non obstante, que a algúns autores non lles importe que outras persoas utilicen as súas obras e as modifiquen, pedindo simplemente que os citen ou poñendo algunha condición máis. Para indicar este feito utilízanse as licencias Creative Commons que teñen unhas iconas representativas que podedes ver no seguinte enlace:


Cando buscamos material para as nosas clases en Internet, debemos fixarnos si o ficheiro, o blog ou a páxina web ten algunha destas iconas ou indica que é posible usalo, en caso contrario o correcto sería pedir permiso antes de descargalo ou copialo.
Ao facer unha busca avanzada, Google permítenos filtrar os resultados por licencia e tamén hai sitios que nos proporcionan directamente recursos deste tipo:








Si os alumnos usan contidos de internet para os traballos, sería bo que lle indicaramos onde atopar recursos CC xunto coa necesidade de citar sempre as fontes.

21 feb 2011

Nun par de cursos, todos cracks!




Fonte: Asesores Abalar

20 feb 2011

Barra flotante da PDI

Para empezar a traballar coa PDI podemos usar as ferramentas sin abrir o programa Notebook. Como fondo branco poñemos un documento de OpenOffice ou un pdf xa preparado e, ao seleccionar o lapis ou o marcador da barra flotante, aparece un bordo na pantalla indicando que hai unha capa na que podemos escribir. Para saír dela pechámola coa cruz da parte superior dereita e desaparecerá todo o que escribimos ou debuxamos. Por suposto tamén podemos sacar unha imaxe do documento base coas anotacions feitas, pero nese caso xa se abre o programa da PDI para que a gardemos ou a exportemos.
Este sistema de traballo pode funcionar si levamos documentos con ocos para completar ou resolver no encerado, liñas dun pentagrama, eixos de debuxo, listas para unir con flechas...

Déixovos un resumo de Xurxo Cobelas:

Barra de ferramentas


Para recordar as básicas:

18 feb 2011

Recursos PDI: integraTic

A través do blog de Alberto Armada coñezo esta páxina con recursos interesantes:

integraTic

Moitos van dirixidos a 5º e 6º de primaria pero seguro que algún se pode usar tamén en 1º ESO. Ten enlaces a recursos de audio, imaxes, vídeo e infografías.

13 feb 2011

Para crear os nosos recursos

En educ@contics móstrannos algunhas aplicacións que nos permiten facer os nosos propios recursos para as clases. Parécenme particularmente interesantes as primeiras, que son online e fáciles de usar.

Actividades educativas, si no las encuentras...¡Créalas!

10 feb 2011

Google Reader

A estas alturas de obradoiro xa tedes localizadas moitas páxinas e blogs de outros profes que vos resultan interesantes. É posible que de vez en cando entredes en todos eles para ver si hai algunha novidade, e iso supón perder bastante tempo.
Google Reader permite evitar iso xa que funciona como unha especie de buzón no que as páxinas ou blogs aos que nos subscribimos ou seguimos, van deixando as novidades. Deste xeito entrar en Reader periodicamente evita ter que facer un "barrido" polos nosos sitios favoritos.

7 feb 2011

Google Docs

GDocs é unha ferramenta estupenda para crear documentos, presentacións, follas de cálculo ou cuestionarios. Ven a ser como un pequeno OpenOffice ou Microsoft Office pero online, non temos que ter o programa no noso ordenador. Ademáis proporciónanos espazo para almacenar os traballos, permite que subamos arquivos feitos no noso ordenador e deixa que baixemos os que creamos con el, permitindo escoller o formato.
Tamén nos da a opción de publicalos, xenerando unha url ou un código para insertar nun blog ou nunha web e, o máis importante, podemos deixar que outros usuarios (alumnos, outros profesores...) colaboren con nós para facer un traballo en equipo.
Os Asesores Abalar fixeron dous manuais que vos poden axudar:

GoogleDocs

Formularios con GDocs

Tamén podedes consultar nas seguintes páxinas:

GoogleDocs

Curso de aulaclic

Axuda de GDocs

Libros vivos

A editorial SM ten un conxunto de unidades didácticas interactivas que nos poden ser útiles. No seguinte enlace o autor do blog Algo más que Tecnología fai unha recopilación de moitas delas:

Libros vivos