Mostrando entradas con la etiqueta didáctica. Mostrar todas las entradas

22 oct 2011
16 oct 2011
Un curso 2.0
No seguinte artículo José Luís Castillo fai un resume da súa experiencia nun aula similar ás abalar. Explica a metodoloxía, as dificultades e ofrece enlaces nos que vemos os documentos e as páxinas de traballo reais:
Visto en aulablog21
Visto en aulablog21
10 may 2011
O Abalar
Neste momento hai moitos centros que teñen que decidir si solicitan a incorporación ao proxecto Abalar para o próximo curso. Posiblemente a vós tamén vos pregunten a opinión sobre si é positivo e sobre todo si cremos que mellora a calidade do ensino, si merece a pena o esforzo. A verdade é que é ben doado contestar: pensamos realmente que a calidade do ensino só depende da tecnoloxía? Obviamente é un factor máis e a influencia que poida ter na ensinanza depende do que fagamos con ela, o bo que ten é que permite facer moitas máis cousas que si non a temos.
Ter ordenadores na aula permite o acceso á información sempre que o necesitemos: dicionarios para consultar dúbidas, enciclopedias para ampliar un tema, imaxes ou vídeos para clarificalo... Pensade na diferencia entre explicar o funcionamento dun motor de combustión só cun encerado ou cunha animación e un vídeo, ou os movementos dos planetas, a situación xeográfica dun país e mil cousas máis. Certo é que iso non garantiza que os alumnos aprendan pero si que llo fai máis doado (logo está o esforzo e empeño que eles poñan, imprescindible con e sen TIC).
Ter ordenadores na aula tamén permite traballar doutro xeito que sería complicado sen eles: que os rapaces fagan traballos, consulten fontes, sinteticen e interpreten información. Que traballen en común facilmente, que dean a coñecer os resultados...
Non é incompatible con que escriban no caderno, lean un libro, memoricen ou fagan contas.
Claro que tamén ten inconvenientes, ou mellor dito, ten incomodidades; a principal é que temos que introducir cambios nas nosas clases, preparalas doutro xeito, pasar moito tempo buscando recursos axeitados, aprendendo o manexo dalgúns programas, planeando cambios na metodoloxía... e todo iso co horario de sempre e aulas máis cheas. Aquí entra xa a responsabilidade, as gañas de aprender que cada un de nós teña e a ilusión que lle poña, igual que os alumnos. O único que podo dicir é que os cambios pódense facer pouco a pouco, coa axuda de moitos compañeiros que xa están traballando así fai tempo e que particularmente creo que é moi gratificante.
Non valoro neste momento si o proxecto se puido facer doutro xeito, si os portátiles dos rapaces son pequenos ou si a administración debe darnos máis facilidades, só penso que prefiro dar clase nun aula abalar e seguramente que os alumnos tamén.

Se chegastes ata aquí recoméndovos a lectura dun artigo do Proyecto Grimm, que está cheo de sentido común.
1 may 2011
24 abr 2011
21 feb 2011
30 ene 2011
Xeitos de traballar na aula
Cada materia é distinta e pode que teña unha metodoloxía axeitada que cada profesor coñece e aplica según a súa experiencia, os alumnos ou os medios cos que conta. Ata agora non podíamos usar moitas máis cousas que o libro de texto, vídeos ou audio e, puntualmente, recursos da aula de informática. O feito de ter ordenadores sempre na clase ofrécenos moitas oportunidades e, cada un de nós, deberá reflexionar sobre a conveniencia e o xeito de usalos.
Moitas veces falamos sobre os libros, as editoriais e o esforzo que supón elaborar material educativo, e quero mostrarvos uns exemplos:
Libro dixital 1 Non me gusta moito, prefiro ter un libro na man que ler un tema en pdf, e menos nunha pantalla de 10". Facer referencia ao peso das mochilas para xustificalo non é correcto, os netbook non son e-reader con tinta dixital e o problema de espalda dos nenos trasladaríase aos ollos. É verdade que lle engaden actividades e vídeos pero é un xeito pechado e dirixido de traballar.
Actividades dixitais 2 Isto (da mesma editorial) é un xeito de complementar as nosas clases que non exclúe o libro de texto e outros xeitos de traballo.
Libro dixital 3 Coma o anterior pero máis visual. Non está mal pero non como xeito único de traballo nas aulas.
Penso que podemos usar libros, material propio ou recursos feitos por outros profes, pero sempre que sexa posible, sería bo que os alumnos tamén investiguen e elaboren cousas coas ferramentas informáticas. Gústame o que fai o profesor Domingo Méndez por exemplo, usando un aula virtual Moodle xunto cun blog no que publica os traballos e comentarios dos seus alumnos:
Aula Virtual (entrar como invitado)
Blog de aula
Tamén o que fai Alberto Armada nas aulas abalar coas ferramentas Edmodo e GDocs:
A materia (5º primaria)
Si estades interesados no tema dos "libros dixitais" botádelle unha ollada ao artigo de Jordi Adell:
Carta a los editores de libros de texto

17 ene 2011
16 ene 2011
19 dic 2010
Kit básico para usar as TIC nas aulas
No blog Educa con TIC aparece esta entrada que me parece moi interesante:
Kit básico para utilizar TIC
Kit básico para utilizar TIC
7 nov 2010
17 oct 2010
Metodoloxía nas aulas 2.0
Da páxina de Pere Marqués saquei esta presentación que nos pode axudar a decidir que tipo de actividades faremos nas clases. É larga pero non ten desperdicio.
15 oct 2010
O uso dos ordenadores na clase
Esta é unha presentación de Antonio Garrido que resume moi ben a metodoloxía de traballo cos ordenadores
Decálogo uso de las TIC en Educación
View more presentations from Antonio Garrido.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)