Mostrando entradas con la etiqueta idiomas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta idiomas. Mostrar todas las entradas

30 ago 2011

Audiolibros en varios idiomas

Esta páxina paréceme realmente interesante para axudar no ensino dun idioma. Unha vez que seleccionamos a lingua e o libro co que se quere traballar, podemos acceder ao texto escrito e escoitar a lectura dunha parte ou baixar o arquivo de audio.



25 abr 2011

Gravar audio online

No obradoiro xa falamos de Audacity, unha aplicación que nos permite gravar e editar voz e sons, e tamén dos podcast, interesantes por exemplo para traballar a expresión oral nas linguas. Pero tamén hai ferramentas online moi doadas de manexar que nos permiten gravar directamente cun micrófono e logo proporciónannos unha url ou un código para incrustar no blog:

Chirbit

Cinch, semellante ao anterior pero permite engadir texto ou imaxes.

Woices, moi curioso porque incrusta audio sobre un mapa e danos a opción de facer rutas acompañadas de sons.

28 feb 2011

Taller de podcast


As actividades nas que os alumnos fan gravacións da súa voz son moi interesantes, sobre todo para as linguas. Os arquivos sonoros poden, por exemplo, formar parte dunha presentación ou ser utilizados independentemente para subilos á rede e compartilos.
En Internet en el aula crearon un grupo para facer podcast educativos que nos pode ser de axuda:


Fonte: ticblog

14 dic 2010

Idiomas

Estes artigos de educ@conTics poden ser interesante para facer actividades nas clases de idiomas:

Ferramentas idiomas I

Ferramentas idiomas II

28 nov 2010

eTwinning

eTwinning é un espazo que se pon a disposición dos profesores para que poidamos levar a cabo traballos colaborativos con outros centros europeos. Calquera materia pode utilizalo pero é particularmente útil para os idiomas:

Portal español

Portal europeo

Curso no ite

Coñecino a través do curso de formación en Platega de Angel Sebastián Junquera