Xa temos actualizados os portátiles de primeiro e tal vez vos interesen dúas novas ferramentas: SIGALA e iTALC.
A primeira utilízase para facer un grupo cos alumnos (todos os da clase ou unha parte), e poder intercambiar ficheiros con eles directamente, a través dun novo cartafol que vos aparece na carpeta do profesor. Tamén se poden intercambiar carpetas pero antes hai que comprimilas. Pódese usar para proporcionarlles apuntes, exercicios..., e para recoller os traballos que eles fagan.
iTALC é unha aplicación que vos permitirá ver os escritorios dos alumnos desde o voso portátil, bloquealos ou mandarlles mensaxes. Execútase a partir de Sigala polo que temos que ter un grupo creado para empezar a traballar.
A continuación déixovos eslaces aos manuais feitos polos asesores:Manual de Sigala
Manual de iTALC