28 oct 2011

Ata logo profesblanco


Este blog naceu para facilitar o primeiro contacto coas tics a un grupo de profes do meu centro, e detrás hai un traballo gratificante co que aprendín moitas cousas e que tamén me fixo reflexionar sobre a nosa tarefa de educadores. Dinme conta de que hai un bo número de profesores que ven nas ferramentas informáticas unha axuda imprescindible para transformar a metodoloxía tradicional, e creo que teñen razón: todos os ordenadores que temos e os recursos que atopamos servirán de pouco se non planeamos un cambio na maneira de traballar nas aulas. Tamén creo que, por moita vontade que se poña, isto só será posible se se produce unha evolución nos contidos e incluso na organización dos centros. Mentres os que poden decidilo se poñen mans a obra, só cabe, coma sempre, intentar aproveitar os recursos dos que dispomos para progresar cada día.
Os Profes do Blanco xa non precisan da axuda deste blog para navegar, e eu debo facer tamén un cambio de rumbo: rematamos pois esta bitácora.

22 oct 2011



Visto en ticblog

scribblemaps

Unha ferramenta moi boa para debuxar ou incluir puntos de interés nun mapa. Además de publicar o resultado, tamén permite gardalo como unha imaxe:

20 oct 2011

Sigala e iTALC

Xa temos actualizados os portátiles de primeiro e tal vez vos interesen dúas novas ferramentas: SIGALA e iTALC.
A primeira utilízase para facer un grupo cos alumnos (todos os da clase ou unha parte), e poder intercambiar ficheiros con eles directamente, a través dun novo cartafol que vos aparece na carpeta do profesor. Tamén se poden intercambiar carpetas pero antes hai que comprimilas. Pódese usar para proporcionarlles apuntes, exercicios..., e para recoller os traballos que eles fagan.
iTALC é unha aplicación que vos permitirá ver os escritorios dos alumnos desde o voso portátil, bloquealos ou mandarlles mensaxes. Execútase a partir de Sigala polo que temos que ter un grupo creado para empezar a traballar.
A continuación déixovos eslaces aos manuais feitos polos asesores:

Manual de Sigala

Manual de iTALC

16 oct 2011

Volvo á carga con Google Apps

Fai uns días informeivos de que estabamos probando os servizos de GoogleApps no noso centro.
De momento parece que ninguén se anima a utilizalos nas aulas abalar pero eu sigo coa teima porque me parece que facilitaría moito a xestión e a colaboración. Nos seguintes enlaces tedes un par de experiancias:

IES Arrigorriaga

IES Joaquín Araújo

Un curso 2.0

No seguinte artículo José Luís Castillo fai un resume da súa experiencia nun aula similar ás abalar. Explica a metodoloxía, as dificultades e ofrece enlaces nos que vemos os documentos e as páxinas de traballo reais:



Visto en aulablog21

15 oct 2011

As novas aulas Abalar

Xa están instalando as novas aulas de 2º e tamén cambian a versión que temos nos ordenadores de 1º. Parece que ademáis das aplicacións que xa coñecemos hai novidades interesantes:
- Google Earth no ordenador do profesor.
- MuseScore para música.
- LibreOffice en vez de OpenOffice (son iguais).
- Sigala, que permite compartir arquivos con grupos de alumnos.
- iTALC, para o control de aula.
- Moodle e Drupal instalados no servidor.

A información completa atoparédela na Aula Aberta Abalar.

Recursos diversificación

Unha wiki con recursos para o ámbito científico de 3º e 4º de diversificación:


2 oct 2011

@iesblanco.com


No obradoiro que fixemos o curso pasado creamos unha conta de correo en Gmail e vimos que con ela tiñamos acceso a unha serie de ferramentas moi interesantes: Reader, Bookmarks, Maps, Picasa, Docs ou Blogger. Quedaron pendentes Calendar, un calendario-axenda que podemos publicar e compartir, e Sites para facer sitios web.
Todas son útiles para o noso traballo, pero creo que Docs o é dun xeito especial, xa que permite compartir a edición de documentos, presentacións, follas de cálculo ou formularios. Tódolos profes do departamento, por exemplo, poderíamos traballar no mesmo documento, facendo anotacións ao marxe, recuperando versións anteriores e téndoo accesible desde calquera ordenador conectado a internet; xa non sería preciso mandar longos adxuntos no correo, nin preocuparnos por si se usa OpenOffice ou Word.
Se os alumnos das clases Abalar, ou as outras, tivesen unha conta Gmail, poderían usar tamén Docs para elaborar documentos ou presentacións e, o mellor de todo, se as comparten con nós, xa non sería preciso que as manden por correo ou nolas dean nun lapis de memoria, pois accederíamos coa nosa conta e poderíamos corrixirllos directamente no ordenador, engadindo anotacións e incluso publicándoos nun blog de clase ou no noso (tamén eles poderían crear un sitio web con Sites para ir gardando os traballos). O único problema sería a cuestión legal da idade á que os rapaces poden crear unha conta de correo, sobre todo no primeiro ciclo.
No departamento de Tecnoloxía pensamos na posibilidade de usar Google Apps, un servizo gratuíto para o ensino que permite que nós creemos e xestionemos as contas, e se utilicen Docs, Calendar ou Sites cun novo dominio: iesblanco.com en lugar de gmail.com  (así podemos escoller que as publicacións que se fagan sexan visibles só para membros do dominio).
A cousa xa está en marcha e, de momento, usámola en TICS de 1º de bacharelato, pero paréceme que onde podería resultar útil é nas clases de 1º ou 2º da ESO. Como administrar isto non é doado e ten unha inversión en horas considerable, animaríame só se hai un número respectable de profesores dispostos a experimentar e que o vaian a utilizar habitualmente. Vós diredes...

11 sept 2011

Cuestionarios de GDocs e Flubaroo

Google Docs é unha ferramenta fantástica para o ensino e sei que algúns de vós usádela para documentos e presentacións.
Tamén permite elaborar cuestionarios que podemos usar para facer probas online aos nosos alumnos:


Normalmente as respostas veríamolas deste xeito:


Como podedes comprobar isto mostras as respostas pero non a nota de cada alumno. En cambio se instalamos Flubaroo podemos ter o seguinte:


Agora vemos a nota acadada por cada un (cada pregunta é un punto) e resalta noutra cor aquelas preguntas nas que fallaron máis do 60% dos alumnos.

Manual de Flubaroo 

30 ago 2011

Audiolibros en varios idiomas

Esta páxina paréceme realmente interesante para axudar no ensino dun idioma. Unha vez que seleccionamos a lingua e o libro co que se quere traballar, podemos acceder ao texto escrito e escoitar a lectura dunha parte ou baixar o arquivo de audio.



Viaxes virtuais educativos

Visitas a museos, monumentos, animacións do corpo humano... A recopilación que se fai na páxina de TotemGuard non ten desperdicio:



18 viajes virtuales

10 viajes virtuales

Vídeos de ciencia e tecnoloxía


Didactalia: material educativo

A seguinte páxina é unha recopilación de material educativo que pode ser interesante. A busca faise un pouco máis clara si combinades as categorías con etiquetas:


14 ago 2011

Recursos educativos comunitarios

Un sitio interesante para buscar recursos no que participan os ministerios de educación de varios países europeos:

Visto en Consumer

4 ago 2011

Un blog de clase en 6º de primaria

O blog da clase de Raúl Diego recibiu o premio Educared deste mes. Na seguinte presentación explica como organiza a clase e as ferramentas que utiliza:

31 jul 2011

10 jun 2011

Symbaloo

Symbaloo é unha ferramenta que nos permite organizar os enlaces de xeito moi visual. Si vos animades a utilizala podedes partir desta:




Symbaloo para lingua galega

Symbaloo para francés

Symbaloo para matemáticas

23 may 2011

Presentacións SlideShare con audio

No seguinte artigo do ITE explican como incorporar audio ou vídeo ás presentacións de SlideShare:

22 may 2011

Un dicionario diferente

Dirae é un dicionario de castelán que permite facer buscas de palabras a partir da definición, algo parecido a traballar co dicionario como cun buscador de internet. Na súa páxina explican como usalo.


Visto en Aulablog

18 may 2011

Xestión das aulas

Cando se empeza a introducir as TIC na aula pode que nos chegue con ter gardados uns cantos enlaces que usamos como complemento ás nosas clases de sempre. Logo é posible que nos decidamos a facer un blog ou unha wiki, que nos servirán para ofrecer contidos, actividades e incluso mostrar o traballo dos alumnos. Cando xa levemos un tempo e nos familiaricemos cos recursos e ferramentas, as actividades que os alumnos farán no ordenador serán cada vez máis numerosas e posiblemente deixarán de ser algo complementario, polo que haberá que recollelas e avalialas convenientemente. Utilizar un pendrive ou o correo non é o sistema máis eficaz, afortunadamente hai outras opcións que nos poden axudar a xestionar as clases:

Moodle: é unha alternativa para ofrecer contidos, actividades e tamén comunicarnos cos alumnos. Podemos limitar o acceso só a estes ou a invitados con contrasinal e permite poñer e xestionar tarefas. Pode parecer pouco intuitiva ao principio pero ten a vantaxe de que é un espazo "oficial" polo que non debemos preocuparnos pola publicidade ou a gratuidade no futuro. Deberíamos animarnos a utilizalo (haberá que estar atentos aos próximos cursos do CFR).
Edmodo: permite facer unha rede privada na clase para comunicarnos cos alumnos e xestionar as tarefas (asignacións) que lles mandamos (data límite, quen falta por entregar, notas...). Dúas profesoras do centro utilizámola e funciona moi ben como complemento ao blog aínda que non é tan potente como Moodle. A única precaución é controlar que os rapaces non o utilicen como un chat. Unha pequena guía. Unha presentación máis completa.
Twiducate: do estilo da anterior, en inglés.
SocialGO: un pequeno titorial.
RedAlumnos: tamén é una rede social privada, permite compartir documentos, imaxes, vídeos... Ofrece máis posibilidades que Edmodo pero, a diferencia dela, os alumnos deben ter conta de correo.

11 may 2011

Rematamos o obradoiro

Hoxe rematamos o obradoiro que tivo a culpa do nacemento deste blog fai xa sete meses. Moitas de nós adicamos algunhas horas máis das obrigatorias e nalgún momento creo que chegamos a estar un pouco saturadas do abalar, os ordenadores e a rede, pero penso que o esforzo valeu a pena e síntome satisfeita co traballo que fixemos. Quero darvos as gracias pola ilusión que puxestes, que me fixo moi fácil e gratificante a parte que me tocou, moito menos complicada que a vosa de aprender tantas cousas novas e aplicalas por riba na clase.
Agora que xa teño o vicio, seguirei poñéndovos o que me pareza interesante e, para seguir aprendendo, propoño que nos leamos tamén no Twitter.

10 may 2011

O Abalar

Neste momento hai moitos centros que teñen que decidir si solicitan a incorporación ao proxecto Abalar para o próximo curso. Posiblemente a vós tamén vos pregunten a opinión sobre si é positivo e sobre todo si cremos que mellora a calidade do ensino, si merece a pena o esforzo. A verdade é que é ben doado contestar: pensamos realmente que a calidade do ensino só depende da tecnoloxía? Obviamente é un factor máis e a influencia que poida ter na ensinanza depende do que fagamos con ela, o bo que ten é que permite facer moitas máis cousas que si non a temos.
Ter ordenadores na aula permite o acceso á información sempre que o necesitemos: dicionarios para consultar dúbidas, enciclopedias para ampliar un tema, imaxes ou vídeos para clarificalo... Pensade  na diferencia entre explicar o funcionamento dun motor de combustión só cun encerado ou cunha animación e un vídeo, ou os movementos dos planetas, a situación xeográfica dun país e mil cousas máis. Certo é que iso non garantiza que os alumnos aprendan pero si que llo fai máis doado (logo está o esforzo e empeño que eles poñan, imprescindible con e sen TIC).
Ter ordenadores na aula tamén permite traballar doutro xeito que sería complicado sen eles: que os rapaces fagan traballos, consulten fontes, sinteticen e interpreten información. Que traballen en común facilmente, que dean a coñecer os resultados...
Non é incompatible con que escriban no caderno, lean un libro, memoricen ou fagan contas.
Claro que tamén ten inconvenientes, ou mellor dito, ten incomodidades; a principal é que temos que introducir cambios nas nosas clases, preparalas doutro xeito, pasar moito tempo buscando recursos axeitados, aprendendo o manexo dalgúns programas, planeando cambios na metodoloxía... e todo iso co horario de sempre e aulas máis cheas. Aquí entra xa a responsabilidade, as gañas de aprender que cada un de nós teña e a ilusión que lle poña, igual que os alumnos. O único que podo dicir é que os cambios pódense facer pouco a pouco, coa axuda de moitos compañeiros que xa están traballando así fai tempo e que particularmente creo que é moi gratificante.
Non valoro neste momento si o proxecto se puido facer doutro xeito, si os portátiles dos rapaces son pequenos ou si a administración debe darnos máis facilidades, só penso que prefiro dar clase nun aula abalar e seguramente que os alumnos tamén.

Se chegastes ata aquí recoméndovos a lectura dun artigo do Proyecto Grimm, que está cheo de sentido común.

7 may 2011



Visto en Educación tecnológica

6 may 2011

1 may 2011

25 abr 2011

Cortar vídeos de youtube

Xa sabemos como insertar vídeo no blog desde youtube ou como baixalo ao noso ordenador con videoscop; outras ferramentas na nube que me parecen moi útiles son SnipSnip e Splicd, que nos permiten cortalo directamente a partir da url para aproveitar a parte que nos interesa publicar.

Se queremos un verdadeiro editor de vídeo, do estilo de Windows Movie Maker ou Openshot pero online, podemos probar JayCut
Manual de JayCut

Gravar audio online

No obradoiro xa falamos de Audacity, unha aplicación que nos permite gravar e editar voz e sons, e tamén dos podcast, interesantes por exemplo para traballar a expresión oral nas linguas. Pero tamén hai ferramentas online moi doadas de manexar que nos permiten gravar directamente cun micrófono e logo proporciónannos unha url ou un código para incrustar no blog:

Chirbit

Cinch, semellante ao anterior pero permite engadir texto ou imaxes.

Woices, moi curioso porque incrusta audio sobre un mapa e danos a opción de facer rutas acompañadas de sons.

8 abr 2011

Mapas persoalizados con Google

Os mapas de Google non só nos ofrecen a posibilidade de visualizalos senón que podemos facer rutas sobre eles, colocar puntos de interese con información (texto, imaxes ou vídeos), ou marcar determinadas zonas que queiramos destacar. Paréceme un recurso interesante para as clases e por iso fixen unha proba co roteiro de A esmorga; usando a información do Concello de Ourense que me mandou Marina, en pouco máis de media hora saíu este mapa no que imos a traballar as dúas a partir de agora:



Ver A esmorga en un mapa más grande

Para ver máis:

Viaxe de Darwin

II Guerra Mundial

Callejero literario monfortino  (nov.2011)

Arte público en Valdespartera

Un titorial moi sinxelo:

Mapas personalizados

3 abr 2011

Vistas dinámicas en Blogger

Temos un xeito novo de ver os blogs de Blogger; con só engadir /view á url, e escoller o tipo de vista, mirade como se presentan:

flipcard

mosaic

timeslide

snapshot

sidebar

30 mar 2011

WebQuest

As webquest son actividades que propoñen unha tartefa aos alumnos para a que é necesario que busquen, analicen e procesen información de internet, seguindo unhas pautas dadas polo profesor e usando uns recursos concretos.
Permiten traballar os contidos da materia e ao mesmo tempo usar as TIC dun xeito distinto, xa que os alumnos actúan como investigadores e desenvolven capacidades de crítica e síntese sobre a información atopada na rede. O papel do profesor tamén cambia con esta metodoloxía, pasando de ser transmisor a diseñador e guía da aprendizaxe.

Técnicas de uso educativo de Internet - ZENquests
Hai moitos exemplos de webquest para cada materia e tamén podedes animarvos a facer as vosas. 
Uns titoriais útiles son os seguintes:


Para buscar  material:

php webquest
WebQuest online (recopilación abalagoas)

28 mar 2011

popplet

Na mesma liña que glogster está a ferramenta popplet, que ao rexistrarnos permítenos acceder a unha especie de encerado no que podemos ir pegando contidos en forma de texto, imaxes, debuxos, vídeos...Pode ser útil para facer unha galería de fotos, unha presentación e incluso mapas conceptuais. Una vez rematado xenera unha url que podemos poñer no blog ou exportamos o traballo como pdf ou jpg.
Na súa páxina principal ten un pequeno vídeo que vos pode dar unha idea das posibilidades

Visto en Educación Tecnológica

26 mar 2011

Test online (2)

Ademais de daypo, outra páxina moi útil para facer test online é testmoz, na que nin sequera fai falta rexistrarnos, unicamente poñer unha contrasinal para poder entrar de novo como administradores e ver a análise dos resultados. Podemos facer preguntas de verdadeiro e falso, resposta múltiple ou completar, e cando rematamos xenera unha url para poñer no blog.
Unha cousa que me parece moi útil é que da a opción de engadir un código que os alumnos deben poñer para ter acceso ao test, isto permite poñer exames ou probas a través da rede e ter os resultados inmediatamente.

Visto no blog de Teresa Mancebo

22 mar 2011

Audacity

Audacity é un programa que permite editar e gravar sons, e ofrece moitas posibilidades para usalo nas clases, sobre todo nas de linguas e música.
Para practicar podedes consultar os seguintes enlaces:

Taller con videotitoriais

Guía básica de Alfonso A. Vegas

Prácticas de Audacity

Tede en conta que a versión que temos nas aulas Abalar é a 1.3, que ten lixeiras direrencias coa dos titoriais (1.2)

12 mar 2011

As wikis

14 formas de usar una wiki en el aula
View more presentations from -.

As wikis permiten a publicación sencilla de contidos e poden ser unha alternativa ou un complemento aos blogs, según as necesidades de cada profesor. A diferencia deles os contidos non se organizan temporalmente se non en páxinas, e o habitual é que moitos usuarios podan editalas co permiso do administrador, gardándose un historial coa intervención de cada membro. Si xustificamos que a nosa wiki é educativa Wikispaces permite que rexistremos ata 100 membros sin necesidade de correo electrónico e incluso deixa facela só visible para eles. Esto pode se útil para que os propios alumnos publiquen os seus traballos nas páxinas ás que o profesor de acceso.

Exemplo 1: wiki de Tecnoloxía

Exemplo 2: wiki de Plástica

Exemplo 3: wiki de Inglés

Eduwikis de secundaria (en Aulawiki21)

Titorial de wikispaces de Xurxo Cobelas

Titorial de Wikis máis extenso 

Curso: as wikis como instrumento educativo


11 mar 2011

Publicar presentacións

Algunhas veces nós ou os nosos alumnos facemos presentacións con PowerPoint ou con Impress e interésanos publicalas para que se reproduzan nun blog, wiki ou páxina web. Xa coñecemos servicios como Slideshare, MyPlick ou GoogleDocs que permiten subirlas e xeneran un código para insertar ou nos dan unha dirección para facer o enlace. Cada un admite un tamaño determinado e non gardan transicións, animacións nin sons (aínda que algúns sitios permiten engadir audio desde o ordenador ou desde a web). Si os rapaces non teñen conta de correo para rexistrarse, MyPlick pode ser unha boa opción porque non se necesita. No seguinte artigo J.C. Cruz fai un resumen dos mellores sitios:

Publicar presentacións en internet 

Si algún non admite as odp de Impress recordade que este programa permite gardar como ppt ou pps de PowerPoint.

Outra opción moi interesante é converter a presentación nun vídeo:
  • Impress permite exportar directamente a swf (flash) pero non garda transicións nin sons. Aínda así pode ser interesante xa que ocupa moito menos que o arquivo orixinal e pode subirse en menos tempo a GDocs.
  • PowerPoint 2010 permite exportar directamente a wmv que é un formato de Windows, así poderíamos subilo a GDocs e facer o enlace ou publicalo no blog directamente. A veces é conveniente pasalo antes a outro formato máis lixeiro como flv e para iso podemos usar un programa como FormatFactory si traballamos en Windows, WinFF de Ubuntu ou un servicio online como Online-Convert, que admite ata 100 Mbyte e non necesita rexistro.
  • Para outras versións de PowerPoint hai conversores gratuítos como PowerPoint Video Converter.
En calquera caso penso que non debemos olvidar que nas aulas Abalar temos que traballar con Impress e non é moi complicado que os propios alumnos suban as presentacións a unha das plataformas xa comentadas, aínda que logo vos manden a url ou o código para insertala no blog de clase (cunha wiki faríano facilmente eles mesmos). Si todos traen da casa os arquivos en wmv posiblemente vós lle teríades que adicar moito tempo á publicación e eles non se farían conscientes do importante que é facer presentacións racionais, sin esaxerar o número de diapositivas, imaxes ou efectos.

    1 mar 2011

    Test online

    A través de Marina coñezo esta páxina moi útil para facer test con preguntas de resposta múltiple, verdadeiro e falso, emparellamento ou reposta libre. É moi sobria pero permite configurar o tempo, indicar as solucións e danos unha estatística dos resultados. Cando facemos un test podémolo imprimir e tamén xenera un enlace para que os alumnos o fagan online. Na súa páxina podedes ver exemplos coma este:

    Test de léxico de A sombra descalza

    Test de verbos

    28 feb 2011

    Wiki ultraportátiles Abalar

    A profesora Esther Padín fixo unha wiki xenial para axudarnos no manexo dos ultraportátiles. Non só explica o contido de cada menú se non que inclúe titoriais das diferentes aplicacións. Fixádevos nos apartados de Ciencia e Educación por si algunha delas vos resulta útil.

    Taller de podcast


    As actividades nas que os alumnos fan gravacións da súa voz son moi interesantes, sobre todo para as linguas. Os arquivos sonoros poden, por exemplo, formar parte dunha presentación ou ser utilizados independentemente para subilos á rede e compartilos.
    En Internet en el aula crearon un grupo para facer podcast educativos que nos pode ser de axuda:


    Fonte: ticblog

    27 feb 2011

    Recursos do portal extremeño

    No portal de recursos de Extremadura hai moitos materiais que poden se útiles para as nosas clases, unha nova páxina onde os podedes ver e incluso descargar para metelos no servidor de centro é a seguinte:

    buscade a vosa materia na columna da esquerda

    Recórdovos outros sitios de Educarex dos que xa falamos:

    Contidos educativos na ESO
    Rincones didácticos

    26 feb 2011

    Dereitos de autor


    Cando alguén produce unha obra de calquera tipo, incluídos apuntes, artigos educativos, debuxos ou imaxes, non necesita rexistrala de ningunha maneira para ter a propiedade intelectual sobre ela, e polo tanto unha serie de dereitos, incluído o beneficio económico por copias ou transformacións.
    Pode pasar, non obstante, que a algúns autores non lles importe que outras persoas utilicen as súas obras e as modifiquen, pedindo simplemente que os citen ou poñendo algunha condición máis. Para indicar este feito utilízanse as licencias Creative Commons que teñen unhas iconas representativas que podedes ver no seguinte enlace:


    Cando buscamos material para as nosas clases en Internet, debemos fixarnos si o ficheiro, o blog ou a páxina web ten algunha destas iconas ou indica que é posible usalo, en caso contrario o correcto sería pedir permiso antes de descargalo ou copialo.
    Ao facer unha busca avanzada, Google permítenos filtrar os resultados por licencia e tamén hai sitios que nos proporcionan directamente recursos deste tipo:








    Si os alumnos usan contidos de internet para os traballos, sería bo que lle indicaramos onde atopar recursos CC xunto coa necesidade de citar sempre as fontes.

    21 feb 2011

    Nun par de cursos, todos cracks!




    Fonte: Asesores Abalar

    20 feb 2011

    Barra flotante da PDI

    Para empezar a traballar coa PDI podemos usar as ferramentas sin abrir o programa Notebook. Como fondo branco poñemos un documento de OpenOffice ou un pdf xa preparado e, ao seleccionar o lapis ou o marcador da barra flotante, aparece un bordo na pantalla indicando que hai unha capa na que podemos escribir. Para saír dela pechámola coa cruz da parte superior dereita e desaparecerá todo o que escribimos ou debuxamos. Por suposto tamén podemos sacar unha imaxe do documento base coas anotacions feitas, pero nese caso xa se abre o programa da PDI para que a gardemos ou a exportemos.
    Este sistema de traballo pode funcionar si levamos documentos con ocos para completar ou resolver no encerado, liñas dun pentagrama, eixos de debuxo, listas para unir con flechas...

    Déixovos un resumo de Xurxo Cobelas:

    Barra de ferramentas


    Para recordar as básicas:

    18 feb 2011

    Recursos PDI: integraTic

    A través do blog de Alberto Armada coñezo esta páxina con recursos interesantes:

    integraTic

    Moitos van dirixidos a 5º e 6º de primaria pero seguro que algún se pode usar tamén en 1º ESO. Ten enlaces a recursos de audio, imaxes, vídeo e infografías.

    13 feb 2011

    Para crear os nosos recursos

    En educ@contics móstrannos algunhas aplicacións que nos permiten facer os nosos propios recursos para as clases. Parécenme particularmente interesantes as primeiras, que son online e fáciles de usar.

    Actividades educativas, si no las encuentras...¡Créalas!

    10 feb 2011

    Google Reader

    A estas alturas de obradoiro xa tedes localizadas moitas páxinas e blogs de outros profes que vos resultan interesantes. É posible que de vez en cando entredes en todos eles para ver si hai algunha novidade, e iso supón perder bastante tempo.
    Google Reader permite evitar iso xa que funciona como unha especie de buzón no que as páxinas ou blogs aos que nos subscribimos ou seguimos, van deixando as novidades. Deste xeito entrar en Reader periodicamente evita ter que facer un "barrido" polos nosos sitios favoritos.

    7 feb 2011

    Google Docs

    GDocs é unha ferramenta estupenda para crear documentos, presentacións, follas de cálculo ou cuestionarios. Ven a ser como un pequeno OpenOffice ou Microsoft Office pero online, non temos que ter o programa no noso ordenador. Ademáis proporciónanos espazo para almacenar os traballos, permite que subamos arquivos feitos no noso ordenador e deixa que baixemos os que creamos con el, permitindo escoller o formato.
    Tamén nos da a opción de publicalos, xenerando unha url ou un código para insertar nun blog ou nunha web e, o máis importante, podemos deixar que outros usuarios (alumnos, outros profesores...) colaboren con nós para facer un traballo en equipo.
    Os Asesores Abalar fixeron dous manuais que vos poden axudar:

    GoogleDocs

    Formularios con GDocs

    Tamén podedes consultar nas seguintes páxinas:

    GoogleDocs

    Curso de aulaclic

    Axuda de GDocs

    Libros vivos

    A editorial SM ten un conxunto de unidades didácticas interactivas que nos poden ser útiles. No seguinte enlace o autor do blog Algo más que Tecnología fai unha recopilación de moitas delas:

    Libros vivos

    30 ene 2011

    Xeitos de traballar na aula

    Cada materia é distinta e pode que teña unha metodoloxía axeitada que cada profesor coñece e aplica según a súa experiencia, os alumnos ou os medios cos que conta. Ata agora non podíamos usar moitas máis cousas que o libro de texto, vídeos ou audio e, puntualmente, recursos da aula de informática. O feito de ter ordenadores sempre na clase ofrécenos moitas oportunidades e, cada un de nós, deberá reflexionar sobre a conveniencia e o xeito de usalos.
    Moitas veces falamos sobre os libros, as editoriais e o esforzo que supón elaborar material educativo, e quero mostrarvos uns exemplos:

    Libro dixital 1    Non me gusta moito, prefiro ter un libro na man que ler un tema en pdf, e menos nunha pantalla de 10". Facer referencia ao peso das mochilas para xustificalo non é correcto, os netbook non son e-reader con tinta dixital e o problema de espalda dos nenos trasladaríase aos ollos. É verdade que lle engaden actividades e vídeos pero é un xeito pechado e dirixido de traballar.

    Actividades dixitais 2    Isto (da mesma editorial) é un xeito de complementar as nosas clases que non exclúe o libro de texto e outros xeitos de traballo.

    Libro dixital 3   Coma o anterior pero máis visual. Non está mal pero non como xeito único de traballo nas aulas. 

    Penso que podemos usar libros, material propio ou recursos feitos por outros profes, pero sempre que sexa posible, sería bo que os alumnos tamén investiguen e elaboren cousas coas ferramentas informáticas. Gústame o que fai o profesor Domingo Méndez por exemplo, usando un aula virtual Moodle xunto cun blog no que publica os traballos e comentarios dos seus alumnos:

    Aula Virtual (entrar como invitado)

    Blog de aula

    Tamén o que fai Alberto Armada nas aulas abalar coas ferramentas Edmodo e GDocs:

    A materia (5º primaria)

    Si estades interesados no tema dos "libros dixitais" botádelle unha ollada ao artigo de Jordi Adell:

    Carta a los editores de libros de texto

    Os "nativos dixitais"

    Navegando por aí atopei un artigo de Proyecto Grimm co que estou de acordo:

    Los nativos digitales no existen

    Non debemos esquecer que saber darlle a unhas teclas non implica saber interpretar unha melodía. 
    Os alumnos poden estar máis familiarizados co uso lúdico dun ordenador ou cun móbil pero iso, na maioría dos casos,  non supón que saiban empregalos como ferramentas de aprendizaxe. O estar no Tuenti ou no Facebook  non os prepara para usar a rede de xeito responsable. Internet é unha fonte inesgotable de datos pero hai que saber seleccionalos e usalos con sentido crítico. Pode que os profes nos teñamos que poñer ao día coas máquinas pero somos nós os que sabemos a onde queremos chegar con elas e cales son os mellores camiños. A tecnoloxía vai a ir cambiando cada vez de xeito máis rápido e tal vez nuns anos nin sequera fagan falta portátiles, pero ter unha cabeza "ben amoblada", saber onde está a información e ser responsables ao usala será algo sempre necesario, e os pais e profesores temos moito que ensinarlles ao respecto.

    27 ene 2011

    Aplicación do servidor de centro

    O servidor que temos no centro pódese utilizar para gardar recursos interactivos (como os de Espazo Abalar) e tamén documentos, imaxes e outros arquivos nosos que lle queiramos pasar aos alumnos sin ter que recurrir ás contas de correo ou a poñelos nunha web. Só tede en conta que o acceso faise unicamente desde o centro e que non debemos usalo como un "almacén privado".
    Os Asesores Abalar fixeron un manual moi completo da aplicación que nos permite subir e xestionar os nosos recursos. No seguinte enlace tedes unha pequena parte:

    Como subir e catalogar recursos

    Imaxe de Ubuntu Abalar

    Xa temos un dvd coa imaxe do ordenador de aula abalar. Vaivos a permitir traballar na casa sin ter que instalar ou cambiar nada. Cando arranquedes con el veredes o mesmo que nas aulas abalar, podedes probar os programas (tamén o do encerado dixital) e navegar, pero ao apagar o ordenador e sacar o disco aparece o voso Windows de sempre. Só tede en conta que todo irá un pouco máis lento e non poderedes gardar nada do que fagades nesa sesión, salvo ficheiros nunha memoria usb (hai outros xeitos que podemos ver máis adiante si vos gusta traballar así).
    Para usalo:
    • Metemos o dvd no lector e reiniciamos windows.
    • Cando se vexa un cadro azul asegurádevos de que está marcada a primeira liña: live-boot the live System
    • Aparece a ventá do usuario profesor para poñer a contrasinal. Antes de aceptar fixádevos na barra inferior, que vos vai a permitir escoller idioma e tamén ter o escritorio Gnome (como nas aulas de informática pero azul) ou o Netbook Edition (cos menús na esquerda).
    • Apágase normalmente e sácase o dvd cando o pida.

    Si non funciona probade a pulsar F11 cando está arrancando para indicarlle que debe facelo desde o dvd e, si esto non o soluciona, habería que cambiar a secuencia de arranque na Bios.

      24 ene 2011

      Aplicacións nos miniportátiles

      Cando empezamos co obradoiro vimos as aplicacións que veñen no ordenador de aula. Como nos miniportátiles non están as mesmas, deixovos unhas imaxes dos menús por si vos interesa profundar nalgunha:

      Miniportátiles

      Videotitoriais dos miniportátiles

      No IES Daviña Rey de Monforte de Lemos fixeron uns videotitoriais estupendos que podedes poñer na clase para que vexan os alumnos:

      Capítulo 0: A primeira ollada
      Capítulo 1: Ficheiros e cartafoles
      Capítulo 2: Administrar cartafoles
      Capítulo 3: A papeleira do lixo
      Capítulo 4: Traballar coa memoria usb
      Capítulo 5: Quitar ficheiros da memoria usb. Descomprimir
      Capítulo 6: Renomear a memoria usb
      Capítulo 7: Abrir arquivos pdf
      Capítulo 8: Comprimir arquivos e cartafoles

      22 ene 2011

      Almacenamento online

      Estes servizos ofrécennos un espazo de almacenamento para os nosos arquivos que ten moitas vantaxes:
      • Podemos usalo para gardar copias de seguridade.
      • Temos acceso aos nosos arquivos desde calquera ordenador conectado a internet, evita o ter que levar sempre unha memoria usb.
      • Permite compartir o que teñamos gardado con outra xente, así non temos que mandar por email arquivos grandes, basta con mandar un enlace (ou poñelo nunha web ou nun blog).
      Seguro que cando os probedes lle atopades outras posibilidades.

      Os que eu utilizo son:

      ofrece 2GB de almacenamento gratuíto. Hai que instalar unha aplicación que crea unha carpeta no ordenador onde simplemente arrastras os ficheiros que queres subir. É moi útil cando tes mais dun ordenador porque non importa desde cal subas os arquivos, él sincronízase automaticamente.
      ofrece 5GB gratuítos e non hai que instalar nada no ordenador.Permite crear documentos online de xeito parecido a GDocs. Podemos ter carpetas nas que colaboren distintas persoas.

      19 ene 2011

      A biblioteca do IES de Fene

      Hoxe tiven curso Abalar e recoñezo que o tema - as bibliotecas- non me atraía en absoluto. Despois dun par de horas, nas que a xefa de estudos do IES de Fene nos contou como tiñan organizada a súa, quedei impresionada polo traballo que fan.
      Aparentemente parece que a lectura non se debería levar moi ben coas TIC, como si unha fora a competencia da outra; pois neste centro conseguiron integralas perfectamente e usan os blogs e outras ferramentas da web 2.0 para fomentar, non só a lectura entre os alumnos, senón tamén o desenvolvemento doutras capacidades como a expresión escrita, o uso doutras linguas, o traballo colaborativo... Parece que a biblioteca é o núcleo dinamizador do centro, e os ordenadores axudan a isto facendo que os rapaces sexan protagonistas. Pensei que me apetecería ser alumna dese instituto (profesora non, que son demasiadas as horas que inverten).

      Presentación da biblioteca.

      Blog da biblioteca

      Blog do club de lectura de pais e profes

      Blog do club dos rapaces (escríbeno eles)

      A radio

      Usan dúas ferramentas que non coñecía e que me parecen interesantes:

      Librería virtual

      Creador de enquisas con QuizRevolution

      Tamén usan dipity para que os alumnos fagan cousas tan chulas como estas:

      Mark-Twain

      17 ene 2011

      TICS con sentido





      Fonte: Asesores Abalar

      4 ene 2011

      Ferramentas 2.0

      A páxina que vos indico no enlace é practicamente un curso sobre as ferramentas da web 2.0. Aínda que está pensada para os idiomas  é válida e moi recomendable  para calquera materia. Cun vistazo á parte esquerda do sitio xa podedes escoller a ferramenta na que profundizar:


      Herramientas y recursos de la web 2.0 para idiomas


      Sacado de Educación Tecnológica