Los nativos digitales no existen
Non debemos esquecer que saber darlle a unhas teclas non implica saber interpretar unha melodía.
Os alumnos poden estar máis familiarizados co uso lúdico dun ordenador ou cun móbil pero iso, na maioría dos casos, non supón que saiban empregalos como ferramentas de aprendizaxe. O estar no Tuenti ou no Facebook non os prepara para usar a rede de xeito responsable. Internet é unha fonte inesgotable de datos pero hai que saber seleccionalos e usalos con sentido crítico. Pode que os profes nos teñamos que poñer ao día coas máquinas pero somos nós os que sabemos a onde queremos chegar con elas e cales son os mellores camiños. A tecnoloxía vai a ir cambiando cada vez de xeito máis rápido e tal vez nuns anos nin sequera fagan falta portátiles, pero ter unha cabeza "ben amoblada", saber onde está a información e ser responsables ao usala será algo sempre necesario, e os pais e profesores temos moito que ensinarlles ao respecto.
Pareceume interesante o artigo, e tamén a túa opinión. Eu son claramente inmigrante dixital, nacín sen ordenador, e tamén sen radio e sen televisión, pero non mostro rexeitamento polo avance da tecnoloxía, quero aprender e grazas por ensinarme.
ResponderEliminarTotalmente de acordo.Rita
ResponderEliminar