Cada materia é distinta e pode que teña unha metodoloxía axeitada que cada profesor coñece e aplica según a súa experiencia, os alumnos ou os medios cos que conta. Ata agora non podíamos usar moitas máis cousas que o libro de texto, vídeos ou audio e, puntualmente, recursos da aula de informática. O feito de ter ordenadores sempre na clase ofrécenos moitas oportunidades e, cada un de nós, deberá reflexionar sobre a conveniencia e o xeito de usalos.
Moitas veces falamos sobre os libros, as editoriais e o esforzo que supón elaborar material educativo, e quero mostrarvos uns exemplos:
Libro dixital 1 Non me gusta moito, prefiro ter un libro na man que ler un tema en pdf, e menos nunha pantalla de 10". Facer referencia ao peso das mochilas para xustificalo non é correcto, os netbook non son e-reader con tinta dixital e o problema de espalda dos nenos trasladaríase aos ollos. É verdade que lle engaden actividades e vídeos pero é un xeito pechado e dirixido de traballar.
Actividades dixitais 2 Isto (da mesma editorial) é un xeito de complementar as nosas clases que non exclúe o libro de texto e outros xeitos de traballo.
Libro dixital 3 Coma o anterior pero máis visual. Non está mal pero non como xeito único de traballo nas aulas.
Penso que podemos usar libros, material propio ou recursos feitos por outros profes, pero sempre que sexa posible, sería bo que os alumnos tamén investiguen e elaboren cousas coas ferramentas informáticas. Gústame o que fai o profesor Domingo Méndez por exemplo, usando un aula virtual Moodle xunto cun blog no que publica os traballos e comentarios dos seus alumnos:
Aula Virtual (entrar como invitado)
Blog de aula
Tamén o que fai Alberto Armada nas aulas abalar coas ferramentas Edmodo e GDocs:
A materia (5º primaria)
Si estades interesados no tema dos "libros dixitais" botádelle unha ollada ao artigo de Jordi Adell:
Carta a los editores de libros de texto
No hay comentarios:
Publicar un comentario