Algunhas veces nós ou os nosos alumnos facemos presentacións con PowerPoint ou con Impress e interésanos publicalas para que se reproduzan nun blog, wiki ou páxina web. Xa coñecemos servicios como
Slideshare,
MyPlick ou GoogleDocs que permiten subirlas e xeneran un código para insertar ou nos dan unha dirección para facer o enlace. Cada un admite un tamaño determinado e non gardan transicións, animacións nin sons (aínda que algúns sitios permiten engadir audio desde o ordenador ou desde a web). Si os rapaces non teñen conta de correo para rexistrarse, MyPlick pode ser unha boa opción porque non se necesita. No seguinte artigo J.C. Cruz fai un resumen dos mellores sitios:
Publicar presentacións en internet
Si algún non admite as odp de Impress recordade que este programa permite gardar como ppt ou pps de PowerPoint.
Outra opción moi interesante é converter a presentación nun vídeo:
- Impress permite exportar directamente a swf (flash) pero non garda transicións nin sons. Aínda así pode ser interesante xa que ocupa moito menos que o arquivo orixinal e pode subirse en menos tempo a GDocs.
- PowerPoint 2010 permite exportar directamente a wmv que é un formato de Windows, así poderíamos subilo a GDocs e facer o enlace ou publicalo no blog directamente. A veces é conveniente pasalo antes a outro formato máis lixeiro como flv e para iso podemos usar un programa como FormatFactory si traballamos en Windows, WinFF de Ubuntu ou un servicio online como Online-Convert, que admite ata 100 Mbyte e non necesita rexistro.
- Para outras versións de PowerPoint hai conversores gratuítos como PowerPoint Video Converter.
En calquera caso penso que non debemos olvidar que nas aulas Abalar temos que traballar con Impress e non é moi complicado que os propios alumnos suban as presentacións a unha das plataformas xa comentadas, aínda que logo vos manden a url ou o código para insertala no blog de clase (cunha wiki faríano facilmente eles mesmos). Si todos traen da casa os arquivos en wmv posiblemente vós lle teríades que adicar moito tempo á publicación e eles non se farían conscientes do importante que é facer presentacións racionais, sin esaxerar o número de diapositivas, imaxes ou efectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario