Hoxe rematamos o obradoiro que tivo a culpa do nacemento deste blog fai xa sete meses. Moitas de nós adicamos algunhas horas máis das obrigatorias e nalgún momento creo que chegamos a estar un pouco saturadas do abalar, os ordenadores e a rede, pero penso que o esforzo valeu a pena e síntome satisfeita co traballo que fixemos. Quero darvos as gracias pola ilusión que puxestes, que me fixo moi fácil e gratificante a parte que me tocou, moito menos complicada que a vosa de aprender tantas cousas novas e aplicalas por riba na clase.
Agora que xa teño o vicio, seguirei poñéndovos o que me pareza interesante e, para seguir aprendendo, propoño que nos leamos tamén no Twitter.
Foi un esforzo, é verdade, pero tamén unha boa inversión. Esta ITV era necesaria. Aínda que moi inexperta, valoro moito o cambio metodolóxico e ... de mentalidade que me supuso o proxecto ABALAR. Moitas grazas, Aurora, polas túas clases e a túa paciencia. Avelina.
ResponderEliminar