28 oct. 2011

Ata logo profesblanco


Este blog naceu para facilitar o primeiro contacto coas tics a un grupo de profes do meu centro, e detrás hai un traballo gratificante co que aprendín moitas cousas e que tamén me fixo reflexionar sobre a nosa tarefa de educadores. Dinme conta de que hai un bo número de profesores que ven nas ferramentas informáticas unha axuda imprescindible para transformar a metodoloxía tradicional, e creo que teñen razón: todos os ordenadores que temos e os recursos que atopamos servirán de pouco se non planeamos un cambio na maneira de traballar nas aulas. Tamén creo que, por moita vontade que se poña, isto só será posible se se produce unha evolución nos contidos e incluso na organización dos centros. Mentres os que poden decidilo se poñen mans a obra, só cabe, coma sempre, intentar aproveitar os recursos dos que dispomos para progresar cada día.
Os Profes do Blanco xa non precisan da axuda deste blog para navegar, e eu debo facer tamén un cambio de rumbo: rematamos pois esta bitácora.

4 comentarios:

  1. É verdade que temos moita, moitísima información e moi boa neste blog. Canto traballaches para nós! Non sei como agradecercho; moitas grazas por ensinarme e por atenderme sempre con tanta paciencia.
    Desexo que o vento che sexa favorable na nova travesía; vas saber gobernar ben o barco, non temas.

    ResponderEliminar
  2. Súmome a todo o que di Marina. Deixas moito traballo e moi ben feito. Moitas grazas por todo.Rita.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas a vós compañeiras e un millón de bicos.

    ResponderEliminar
  4. Grazas polo moito que aprendín contigo, polo teu tempo e adicación.
    Tripulante de mares en transformación che desexa unha feliz travesía.
    Bicos. Ave

    ResponderEliminar