10 dic 2010

Edmodo

Cal é a idade a que os alumnos poden rexistrarse para facer un blog ou unha conta de correo? Non atopo información clara ao respecto, pode que 13 anos. Nos cursos máis altos non habería problema para usar estas ferramentas como sistema de intercambio de arquivos ou para publicar traballos; no caso dos máis pequenos podedes probar Edmodo. É unha especie de rede social educativa que permite o intercambio de mensaxes, ficheiros e o control das tarefas que se asignan aos alumnos. Eu probeina cos de bacharelato e paréceme que resultaría moi útil nas clases de 1º ESO.
 Na wiki hai un titorial en castelán e os profes de Internet en el Aula tamén o explican moi ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario