7 dic 2010

Baixar vídeo de internet

Moitas veces atopamos vídeos ou animacións interesantes para poñer na clase e, si non queremos depender da rede para traballar con eles, podemos baixalos ao noso ordenador ou a un pendrive:
  • Coa páxina www.bajaryoutube.com . Moi útil para os vídeos de youtube, faise directamente sin instalar nada no ordenador.
  • Coa extensión DownloadHelper de Mozilla Firefox. Ao instalala crea un icono no navegador que nos permite baixar vídeos e animacións.
Un bon reproductor gratuíto é VLC, que reproduce casi calquera formato de vídeo.

Si vos interesa como cambiar os formatos de vídeo ou audio podedes consultar unha entrada do meu blog dos alumnos: cambio de formatos de vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario