Vía @educacontic
22 oct 2011
scribblemaps
Unha ferramenta moi boa para debuxar ou incluir puntos de interés nun mapa. Además de publicar o resultado, tamén permite gardalo como unha imaxe:
20 oct 2011
Sigala e iTALC
Xa temos actualizados os portátiles de primeiro e tal vez vos interesen dúas novas ferramentas: SIGALA e iTALC.
A primeira utilízase para facer un grupo cos alumnos (todos os da clase ou unha parte), e poder intercambiar ficheiros con eles directamente, a través dun novo cartafol que vos aparece na carpeta do profesor. Tamén se poden intercambiar carpetas pero antes hai que comprimilas. Pódese usar para proporcionarlles apuntes, exercicios..., e para recoller os traballos que eles fagan.
iTALC é unha aplicación que vos permitirá ver os escritorios dos alumnos desde o voso portátil, bloquealos ou mandarlles mensaxes. Execútase a partir de Sigala polo que temos que ter un grupo creado para empezar a traballar.
A continuación déixovos eslaces aos manuais feitos polos asesores:Manual de Sigala
Manual de iTALC
16 oct 2011
Volvo á carga con Google Apps
Fai uns días informeivos de que estabamos probando os servizos de GoogleApps no noso centro.
De momento parece que ninguén se anima a utilizalos nas aulas abalar pero eu sigo coa teima porque me parece que facilitaría moito a xestión e a colaboración. Nos seguintes enlaces tedes un par de experiancias:
IES Arrigorriaga
IES Joaquín Araújo

Un curso 2.0
No seguinte artículo José Luís Castillo fai un resume da súa experiencia nun aula similar ás abalar. Explica a metodoloxía, as dificultades e ofrece enlaces nos que vemos os documentos e as páxinas de traballo reais:
Visto en aulablog21
Visto en aulablog21
15 oct 2011
As novas aulas Abalar
Xa están instalando as novas aulas de 2º e tamén cambian a versión que temos nos ordenadores de 1º. Parece que ademáis das aplicacións que xa coñecemos hai novidades interesantes:
- Google Earth no ordenador do profesor.
- MuseScore para música.
- LibreOffice en vez de OpenOffice (son iguais).
- Sigala, que permite compartir arquivos con grupos de alumnos.
- iTALC, para o control de aula.
- Moodle e Drupal instalados no servidor.
A información completa atoparédela na Aula Aberta Abalar.

2 oct 2011
@iesblanco.com
No obradoiro que fixemos o curso pasado creamos unha conta de correo en Gmail e vimos que con ela tiñamos acceso a unha serie de ferramentas moi interesantes: Reader, Bookmarks, Maps, Picasa, Docs ou Blogger. Quedaron pendentes Calendar, un calendario-axenda que podemos publicar e compartir, e Sites para facer sitios web.
Todas son útiles para o noso traballo, pero creo que Docs o é dun xeito especial, xa que permite compartir a edición de documentos, presentacións, follas de cálculo ou formularios. Tódolos profes do departamento, por exemplo, poderíamos traballar no mesmo documento, facendo anotacións ao marxe, recuperando versións anteriores e téndoo accesible desde calquera ordenador conectado a internet; xa non sería preciso mandar longos adxuntos no correo, nin preocuparnos por si se usa OpenOffice ou Word.
Se os alumnos das clases Abalar, ou as outras, tivesen unha conta Gmail, poderían usar tamén Docs para elaborar documentos ou presentacións e, o mellor de todo, se as comparten con nós, xa non sería preciso que as manden por correo ou nolas dean nun lapis de memoria, pois accederíamos coa nosa conta e poderíamos corrixirllos directamente no ordenador, engadindo anotacións e incluso publicándoos nun blog de clase ou no noso (tamén eles poderían crear un sitio web con Sites para ir gardando os traballos). O único problema sería a cuestión legal da idade á que os rapaces poden crear unha conta de correo, sobre todo no primeiro ciclo.
No departamento de Tecnoloxía pensamos na posibilidade de usar Google Apps, un servizo gratuíto para o ensino que permite que nós creemos e xestionemos as contas, e se utilicen Docs, Calendar ou Sites cun novo dominio: iesblanco.com en lugar de gmail.com (así podemos escoller que as publicacións que se fagan sexan visibles só para membros do dominio).

A cousa xa está en marcha e, de momento, usámola en TICS de 1º de bacharelato, pero paréceme que onde podería resultar útil é nas clases de 1º ou 2º da ESO. Como administrar isto non é doado e ten unha inversión en horas considerable, animaríame só se hai un número respectable de profesores dispostos a experimentar e que o vaian a utilizar habitualmente. Vós diredes...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)